top of page
OBXECTIVOS 2017-18

“Estos objetivos generales fueron presentados y aprobados por el Consejo Escolar, en septiembre de 2017”

REFERIDOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA
  1. Fomentar o uso da ERP educamos por toda a comunidade educativa (Familias, Alumnos dende 4º de Primaria, Profesores e Empregados), da versión web e da App.

  2. Organizar e facilitar os espazos, recursos técnicos e humanos necesarios para que os alumnos poidan acadar as competencias TIC establecidas en cada etapa educativa.

  3. Facilitar a atención dos alumnos con necesidades educativas especiais, proporcionando recursos e ferramentas TIC para a realización de actividades acordes as súas necesidades.

  4. Actualización e mantemento da páxina web do Colexio como medio de transmisión e difusión de información ata a renovación total e migración á unha plataforma CMS.

  5. Fomentar a creación, desenvolvemento, mantemento e utilización das páxinas web e blogs de etapas e departamentos.

  6. Proporcionar a información e formación axeitada para que a comunidade educativa poida participar en redes sociais como instrumento de comunicación, de modo eficiente, responsable e seguro.

  7. Participar nas actividades organizadas polo centro nas que as novas tecnoloxías faciliten o desenvolvemento, presentación e/ou difusión das mesmas.

REFERIDOS Á FORMACIÓN DO PROFESORADO
  1. Proporcionar asesoramento ao profesorado no uso eficiente dos equipos informáticos, sistemas de proxección e ferramentas TIC dispoñibles co fin de reducir as avarías e incidencias técnicas.

  2. Proporcionar formación e asesoramento ao profesorado para utilizar a ERP educamos conforme aos requirimentos establecidos en cada nivel educativo e en cada Departamento Didáctico.

  3. Proporcionar asesoramento na creación e utilización de recursos TIC para ser utilizados na aula, en especial das contas Office365 proporcionadas por educamos: compartir arquivos na rede, grupos de traballo, formularios e bloc de notas de clase.

  4. Proporcionar o asesoramento para a creación de páxinas web, blogs, redes sociais, edición de vídeo ou mecanismos de difusión TIC con fins educativos e/ou relacionados coas actividades realizadas no centro.

  5. Proporcionar información e alentar ao profesorado a participar en actividades, iniciativas, comunidades virtuais e concursos relacionados co ámbito educativo, e que fan uso das novas tecnoloxías.

  6. Alentar ao profesorado no uso das TIC co fin de reducir o consumo de enerxía, así como o de papel e tinta nas impresións.

REFERIDOS Á XESTIÓN DO CENTRO
  1. Mantemento da base de datos actualizada de toda a comunidade educativa (Empregados, Familias e Alumnos) con datos persoais de contacto, administrativos e de habilitacións e formación do profesorado.

  2. Comunicación rápida, eficiente e segura de información: Incidencias, Actividades Programadas, Circulares, Reunións e Mensaxería, e notificación ao correo electrónico.

  3. Realización da xestión académica do centro: control de ausencias e retrasos, listados de alumnos, proceso de avaliación, impresión de boletíns de notas, actas, certificados, expedientes, historiais académicos e documentación oficial relacionada.

  4. Realización da xestión administrativa e económica do centro na súa relación coas familias.

  5. Xestión organizativa do centro: matriculación de novos alumnos, promoción, organización de grupos, xeración de horarios e rutas de autobús.

  6. Xestión eficiente da sustitución do profesorado temporalmente de baixa ou permiso.

  7. Reducir o consumo de papel conforme ao plan de aforro e sostenibilidade do centro.

REFERIDOS Á XESTIÓN DOS RECURSOS
  1. Organizar os espazos e recursos físicos para posibilitar, facilitar e compartir o seu uso á comunidade educativa (reutilización de equipos nas aulas de Primaria para espazos de traballo).

  2. Manter un inventario actualizado dos recursos TIC físicos dispoñibles no centro, especificando as súas características técnicas e de configuración.

  3. Establecer un control de acceso aos recursos TIC compartidos, que facilite o mantemento dos mesmos, minimizando no posible os efectos producidos por accesos accidentais ou malintencionados.

  4. Deseñar, configurar, supervisar e manter o estado da nova estrutura da rede e a conectividade dos equipos, e proporcionar novos puntos de acceso wifi para invitados no pavillón, teatro e salón de actos, así como puntos nas aulas..

  5. Velar polo mantemento das ferramentas e recursos TIC dispoñibles no centro, utilizando un protocolo de xestión e rexistro de incidencias, acorde en prazos de resolución a criterios de prioridade, necesidades técnicas, humanas e económicas.

  6. Xestionar o uso de impresoras e a reposición de cartuchos e tóners, fomentando o uso compartido das mesmas e alentando na adopción de medidas de aforro de papel e tinta.

  7. Asesorar ao Equipo Directivo na adquisición de novas ferramentas TIC.

COLEGIO PLURILINGÜE SAGRADO CORAZÓN - PONTEVEDRA

bottom of page